Contamos cun único concello nas Comarcas libre de afectados, é o caso de Toques
IsmaelRS/Xeral
MARTES 02 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 02 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos cun único concello nas Comarcas libre de afectados, é o caso de Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 13 afectados, os tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 10 afectados, os mesmos que onte.
Na comarca Terra de Melide só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Toques. Pola súa parte Melide, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Comments