Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 01 de novembro
- IsmaelRS
- 1 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, O Pino, Palas de Rei, Sobrado dos Monxes e Rodeiro
IsmaelRS/Xeral
MARTES 01 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 01 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, O Pino, Palas de Rei, Sobrado dos Monxes e Rodeiro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de O Pino. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Dozón e Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide, Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Palas de Rei. Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Comments