Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste martes, 01 de marzo
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MARTES 01 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 01 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 55 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos, seis menos que fai 24 horas. O Pino ten 24 casos, dous menos que onte. Pola súa parte Touro ten 20 casos activos, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 159 afectados, dous menos que na xornada de onte. Silleda conta con 65 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 52 casos activos, sete menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 96 casos activos, tres menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúase dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase con 16 afectados, dous menos que onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 11 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos, e Palas de Rei con 17 casos activos, un máis que na xornada de onte.
