Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 9 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 9 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 86 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 26 casos activos, tres menos que fai 24 horas. O Pino ten 123 casos, catro menos que onte. Pola súa parte Touro ten 45 casos activos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 18 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 13 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 381 afectados, 17 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 18 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Silleda conta con 226 casos activos, nove menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 77 casos activos, seis menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 116 casos activos, catro menos que na xornada de onte. Santiso ten 13 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 33 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende antonte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 39 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 81 casos, tres menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 45 casos activos, tres menos que na xornada de onte.


689 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE