Contamos nas Comarcas con trece concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes e Toques
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 7 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 7 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con trece concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrados dos Monxes e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Arzúa, Boimorto e O Pino. Pola súa parte Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con catro concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón, Rodeiro e Silleda. Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, os mesmos que antonte.
Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
LIBRE DE COVID. Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos están libres de de casos activos, é o caso de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

Commentaires