top of page
Perruquería Marisa.gif

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 6 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 6 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 6 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse dende antonte nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte O Pino ten 12 casos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 27 afectados, sete máis que onte. Silleda conta con 25 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 44 casos activos, catro máis que onte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 21 casos activos, tres máis que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 17 casos, tres máis que fai 24 horas. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


413 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page