top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 5 de maio

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Son 13 os municipos que non teñen ningún afectado mentres que os demais rexistran entre 1 e 9 casos agás Melide, Silleda e Lalín que teñen por encima destes valores


IsmaelRS/Xeral (Actualizado as 15:45. 05/05/5021)

MÉRCORES 5 DE MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 5 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Pasan a ser 13 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei, Touro e O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Melide, Silleda e Lalín que superan estes valores.

Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino, Touro e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa continúa nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces non teñen ningún novo afectado tal e como indica hoxe, mércores, o Sergas tamén están libres de coronavirus. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda aínda que nos últimos días están a experimentar un leve descenso. Lalín ten 41 casos activos, catro máis que onte, tal e como informou o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda ten 12, dous menos que onte. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están en nivel medio.

Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, segundo os últimos datos, pasa a ter 12 afectados, dous máis que onte. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide que esta en nivel medio.

Por último, na comarca da Ulloa Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca. *

*Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Petín, A Merca, A Pastoriza, Mesía, Ribeira, Padrón, Marín, O Grove, Meaño, Cambados, Salceda de Caselas, Gondomar, Ponteareas e Coristanco. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas para os bares e ás 23 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Muíños, Verea, O Barco de Valdeorras, Cartelle, Lobios, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Carballeda de Valdeorras, Meira, Chantada, Rianxo, A Pobra do Caramiñal, Melide, Carnota, Ordes, Lalín, Silleda, Ribadumia, Poio, Vilagarcía de Arousa, Cangas, Nigrán, O Porriño, Tui, Vigo, A Laracha, Betanzos, Cambre, Carballo e Ares. O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 23:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.


Así mesmo, hai establecidas as seguintes normas:

  • O toque de queda agora é ás 23:00 horas.

  • Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poden abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).

  • Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poden saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.

  • Galicia segue pechada perimetralmente.


Cambios este venres, 7 de maio

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza.


Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos concellos da Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha.


Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre.


No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 7 de maio.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page