Arzúa, Boimorto, Agolada, Dozón, Rodeiro, Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos contaxios
Laura Moure
MARTES 31 MARZO
Fonte: Ecos da Comarca
Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 31 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Os datos son moi esperanzadores porque seguen sendo 11 os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei e Arzúa e súmase a esta listaxe hoxe Boimorto, mentres que Toques volve rexistrar algún contaxio. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda, que supera a decena, pero todos os casos activos están na residencia porque o municipio tampouco rexistrou novos afectados nos últimos sete días, e Lalín no que si ascenderon os afectados.
Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Touro e O Pino seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Pola contra, Arzúa non rexistra ningún contaxio nos últimos sete día e hoxe tamén se informa que Boimorto non contabilizou novos afectados nas últimas sete xornadas. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.
Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín pasa de nove casos activos a 14. Mentres, o municipio de Silleda, segundo a incidencia acumulada das últimas sete xornadas non contabiliza novos contaxios, pero a residencia de maiores, onde se detectou un gromo en semanas pasadas, ten 12 activos. Por último, Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.
Na comarca Terra de Melide Santiso, Melide e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días, mentres que Toques volve rexistrar algún contaxio. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.
Por último, na comarca da Ulloa Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis. Todos están no nivel mínimo de limitacións.
O comité clínico volveuse reunir este venres e propuxo novos cambios que entraron este luns en vigor. Mantense o nivel máximo de restricións no concello de Beade. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.
Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos, concretamente en Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.
Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas, Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia. O peche dos locais hostaleiros é ás nove da noitee permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.
No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. O horario de restaurantes, bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.
A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes, é dicir, non se pode entrar e saír de Beade.
Cambios en Venres Santo
O comité clínico volveu reunirse onte, martes, para determinar as medidas que afectarán aos vindeiros días, coincidindo coa Semana Santa e haberá variacións nas limitacións dalgúns concellos.
No nivel máximo continuará o concello de Beade.
No nivel alto estarán Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao.
No nivel medio: Vilardevós, Celanavona, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas.
E por último, no nivel baixo figurarán o resto dos municipios galegos.
A prohibición de mobilidade quedará restrinxida só en Beade e despois quedarán as mesmas limitacións segundo cada nivel, como ata o de agora. Estes novos cambios entrarán en vigor ás 00:00 horas do Venres Santo.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments