Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 30 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 35 casos activos, once menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha con 10 casos activos, tres menos que onte. O Pino ten 14 casos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 15 casos activos, catro menos que onte.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 77 afectados, 18 menos que onte. Silleda conta con 33 casos activos, sete menos que fai 24 horas. Rodeiro ten 17 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 14 casos activos, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 30 casos activos, dous menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 20 casos, dous menos que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 15 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos dende fai varias semanas.

Коментарі