Os índices de contaxios seguen sendo baixos en xeral
Laura Moure
MÉRCORES 3 MARZO
Fonte: Ecos da Comarca
Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 3 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso non rexistran novos afectados e a esta lista súmase hoxe Touro. E os demais, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.
Na comarca arzuana, os municipios de Arzúa, O Pino e Boimorto seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada nos últimos 14 días, tal e como sinala o Sergas. Mentres que Touro non rexistra novos casos. Se se ten en conta a incidencia acumulada dos últimos sete días, O Pino tampouco contabiliza novos afectados. Cabe mencionar, unha vez máis, que Arzúa segue no nivel dous de restrincións e o resto, no terceiro.
Segundo a incidencia acumulada nos últimos 14 días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín rexistra un descenso e pasa de 14 a 11 e Silleda, Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Sen embargo, despois do mediodía, o Concello de Silleda informou que son 21 os casos activos neste municipio. Todas estas cifras coinciden se se teñen en conta a incidencia dos sete últimos días, agás Lalín que neste caso, se sitúa tamén entre 1 e 9 enfermos e Agolada non rexistra novos casos. Sen embargo, o concelleiro de Sanidade de Agolada, Marcos Galegou, informou hoxe que neste concello xa son cero os casos activos.Todos estes municipios están no nivel tres.
Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso segue sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí cabe recalcar que segundo a incidencia dos sete últimos días en Toques non se contabilizaron novos casos e xusto este municipio figura no primeiro nivel de limitacións, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos o igual que Monterroso mentres que Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia dos últimos 14 días e se se miran os datos das últimas sete xornadas Palas tampouco rexistra casos novos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.
Fonte: Ecos da Comarca
Comentarios