Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 28 de xullo

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Melide, Monterroso e Palas de Rei onde a escalada e máis pronunciada


IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 17:00 HORAS

MÉRCORES, 28 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con dous municipios no nivel máximo (Arzúa e Melide), un no nivel medio (Sileda) os 14 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 41 casos, un máis que fai 24 horas, O Pino ten en 38 afectados, os mesmos que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou hoxe o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai cinco casos activos, os mesmos que hai 24 horas. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9 afectados. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 42 afectados, un máis que onte, tal como indican dende o consistorio. E Silleda tal e como apuntou pola tarde o Concello ten 34 casos, catro máis ca onte.


A comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos, Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 81 afectados, cinco máis que fai 24 horas, Toques ten 11 afectados, un menos que fai 24 horas, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. En concreto o Concello indicou este mércores que hai sete contaxios. Pola súa parte o municipio de Monterroso pasa a situarse con 51 casos covid, tres máis que fai 24 horas, dende o Concello onte indicaban: "Son uns datos moi elevados que se deben ao cribado de máis de 400 persoas que se está realizando gracias a rápida actuación do Concello recabando os datos enviándoos directamente a Sanidade mediante un cribado e a colaboración da poboación. Estamos moi cerca de acotar o brote por iso é importante lembrar que si eres contacto estreito dun positivo e non foches citado para realizar unha proba PCR o Concello ten habilitado dúas formas para poder enviar os teus datos do seguinte xeito: Chamando ao 662 074 406 ou enviando un Email ao enderezo covidmonterroso@eidolocal.es". E Palas de Reis con 22, catro máis que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove. .

  • Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Melide, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa e Ribeira; en Lugo os de Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo; na provincia de Ourense, ademais de Avión, Barbadás e Carballiño estará a cidade de Ourense; e, na provincia de Pontevedra estarán Vigo, Pontevedra, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. .

  • Nivel medio os municipios de Beariz, Entrimo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Ribadavia, Vilamartin de Valdeorras, Sarria, Mondoñedo, Lugo, Vilalba, A Coruña, Culleredo, Cambre, Sada, Ames, Muros, Noia, Oroso, Santiago, Silleda, Teo, Pontecesures, Fene, Ferrol, Mugardos, Meis, Ribadumia, Caldas de Reis, Redondela, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui. .

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

475 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE