Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 27 de Abril

Actualizado: 28 abr

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 27 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 27 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 25 casos activos, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 17 casos activos, os mesmos que onte. O Pino sitúase con 13 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 12 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 59 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 34 casos activos, catro máis que onte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 55 casos activos, os mesmos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 14 casos activos, un menos que onte. Monterroso sitúase con 11 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 16 casos activos, os mesmos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

660 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE