Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 26 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 26 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 150 casos activos, seis máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 44 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 130 casos, dous menos que onte. Pola súa parte Touro ten 67 casos activos, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 15 positivos, dous menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 37 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 654 afectados, 21 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 38 casos activos, seis máis que fai 24 horas. Silleda conta con 204 casos activos, catro menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 104 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 181 casos activos, 17 menos que na xornada de onte. Santiso ten 27 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 49 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 24 casos activos, tres menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 20 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 91 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 69 casos activos, seis máis que na xornada de onte.


1054 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE