Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 25 de agosto

Todos os municipios das comarcas contan con casos activos. Continúa a escalada de afectados en varios dos concellos, o caso máis preocupante e o de Melide que se pon en só 5 días próximo os 60 casos


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES, 25 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os municipios das comarcas volven ter casos de Covid-19. Contamos con tres municipios no nivel medio (Monterroso, Silleda e Touro) e os 14 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto pasa a ter 11 casos, dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Arzúa sitúase con 14 casos, un máis que onte.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Agolada está nuna escala entre 1-9 afectados, en concreto dende o concello indican que son 13 os casos activos, seis máis que fai 24 horas. Rodeiro conta con 4 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 29 afectados, catro máis que fai 24 horas; Silleda ten 37 casos activo, e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 59 casos, 15 casos máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas teñen entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 21 casos, nove casos máis que onte.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, Rodeiro e Silleda son casos activos

Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DO SÁBADO 28 DE AGOSTO:

https://www.ecosdacomarca.com/post/melide-volve-ao-nivel-alto-de-restricións-a-partir-deste-próximo-sábado


791 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE