top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 24 de novembro

Contamos con sete municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 24 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con sete municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos cun único municipio libre de covid: Boimorto. Pola súa parte Arzúa, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta con dous positivos, tal e como informou esta mañá o concello. Silleda conta con quince casos activos,dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 afectados, os mesmos que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page