top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 23 de marzo

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 23 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 45 casos activos, doce máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha con 11 casos activos, dous máis que onte. O Pino ten 21 casos, seis menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 18 casos activos, catro máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 112 afectados, un máis que na xornada de onte. Silleda conta con 49 casos activos, un máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 13 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 18 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 24 casos activos, un máis que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, mentres que Sobrado dos Monxes conta con 18 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 12 casos, dous máis que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 13 casos activos, tres máis que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


 
 

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page