top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 23 de febreiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 23 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 52 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 18 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 44 casos, cinco menos que onte. Pola súa parte Touro ten 34 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 242 afectados, 14 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 94 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 73 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 128 casos activos, un menos que na xornada de onte. Santiso ten 15 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 20 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 17 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 23 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 30 casos, cinco menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 29 casos activos, un máis que na xornada de onte.


 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page