Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 22 de xuño

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 22 XUÑO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 15 afectados, os mesmos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 15 afectados, dous máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 12 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 10 afectados, un menos que onte. Lalín conta con 48 afectados, tres menos que fai 24 horas. Silleda conta con 20 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 14 afectados, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 32 afectados, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Antas de Ulla conta con 10 afectados, cinco menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

283 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE