Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 22 de setembro

Contamos con catro municipios libres de covid: Dozón, Santiso, Touro e Toques. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo.


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES, 22 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catro municipios libres de covid: Dozón, Santiso, Touro e Toques. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, hai un único municipio libre de covid: Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana contamos con un único municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Rodeiro conta con 3 casos activos, tal como informou o alcade, Rubén Quintá Quintá en días pasados. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 12 afectados, dous menos que fai 24 horas; Agolada segue con 1 caso activo tal como informou o concello onte pola mañá, pola súa parte Silleda e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide hai dous municipios libres de casos: Santiso e Toques. Melide e Sobrado dos Monxes están nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín e Rodeiro son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel medio será de obrigado cumprimento no municipio de Monforte de Lemos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

244 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE