top of page
Foto del escritorLaura Moure

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 21 de abril

Son dez, un máis ca onte, os municipos que non teñen ningún afectado de coronavirus


Laura Moure

MÉRCORES 21 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 10 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Touro e O Pino. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que supera a decena.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete díes, mentres que Arzúa e Boimorto están nunha escala de entre 1 e 9 casos, rango no que se atopa Boimorto desde hai semanas. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no alto, pero este venres quedará tamén no mínimo.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín ten13, aínda que concretamente son 15 os casos activos. Mentres, Vila de Cruces e Silleda continúan nun rango entre 1 e 9 afectados. Concretamente, Silleda ten tres casos activos, dous máis ca onte como acaba de informar o Concello. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días e hoxe tamén se suma a esta listaxe Toques, que non ten ningún. Mentres, Melide volve estar nun rango de entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei segue tendo entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este luns, entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove, Carballeda de Valdeorras e e Cualedro. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Cortegada, O Barco de Valdeorras, Padrenda, Rubiá, Barreiros, Boimorto e Boiro, Cambre e Lobeira.A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas para os bares e ás 23 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Muxía, Ortigueira, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa, As Pontes, Carral, Cambados, Catoira, Cangas e Vilagarcía.O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 23:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.


Así mesmo, hai establecidas as seguintes normas:

  • O toque de queda agora é ás 23:00 horas.

  • Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poden abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).

  • Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poden saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.

  • Galicia segue pechada perimetralmente.

Novos cambios este venres

Este martes o comité clínico acordou certos cambios. Así decidiu o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos do Grove, A Pobra do Caramiñal, Carballeda de Valdeorras e Cualedro, os catro que están na actualidade.

Así mesmo, tamén determinou o nivel alto nos concellos de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Lobeira, Muiños, Petín, Meira, Ribeira e Cambre.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos concellos de Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira.

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.


Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 23 de abril.

Fonte: Ecos da Comarca. *

*Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page