Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 20 de outubro

Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 20 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con catorce municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.


COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.


Na comarca dezá contamos con catro municipios libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Lalín e Vila de Cruces están nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varias xornadas.


Na comarca Terra de Melide contamos con tres municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra o municipio de Melide volve contar con casos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.


160 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE