top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 20 de abril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 20 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 25 casos activos, un máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 28 casos activos, un menos que onte. O Pino sitúase con 12 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 10 casos activos, os mesmos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 42 afectados, seis máis que fai 24 horas. Silleda conta con 20 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 17 casos activos, dous máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 41 casos activos, un menos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 11 casos activos. Palas de Rei conta con 31 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende onte.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page