Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 2 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 2 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 114 casos activos, seis menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 44 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 134 casos, tres máis que onte. Pola súa parte Touro ten 61 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 15 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 22 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 458 afectados, 27 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 41 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Silleda conta con 237 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 105 casos activos, un máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 150 casos activos, 17 menos que na xornada de onte. Santiso ten 21 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 40 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 16 casos activos, cinco menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 33 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 74 casos, catro máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 69 casos activos, un menos que na xornada de onte.

ความคิดเห็น