top of page
Perruquería Marisa.gif

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 19 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 19 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 127 casos activos, seis máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 42 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 121 casos, tres menos que onte. Pola súa parte Touro ten 58 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 26 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 27 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 638 afectados, 19 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 35 casos activos, un menos que fai 24 horas. Silleda conta con 168 casos activos, oito máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 99 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 175 casos activos, tres menos que na xornada de onte. Santiso ten 14 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 38 afectados, tres máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 30 casos activos, catro máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 22 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 95 casos, un máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 47 casos activos, catro máis que na xornada de onte.


1458 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page