Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 19 de outubro
- IsmaelRS
- 19 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Silleda, Sobrado dos Monxes, Rodeiro e Touro
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 19 OUTUBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Silleda, Sobrado dos Monxes, Rodeiro e Touro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con dous concellos libre de casos, é o caso de Silleda e Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Dozón, Lalín e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide, Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Commentaires