Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 16 de xuño

Hai 12 municipios libres de coronavirus, un máis que fai 24 horas, e todos encóntranse no nivel mínimo restricións


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES, 16 XUÑO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son 12, os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro non rexistran ningún caso. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. Sen embargo, en Lalín, segundo a incidencia acumulada a 14 días como indica o Sergas ten entre 1 e 9 afectados, pero tal e como informou onte o alcalde hai un único caso activo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Santiso é o unico que non ten ningún caso, mentres que Melide, Sobrado dos Monxes e Toques teñen algún afectado. Todos están no nivel máis baixo de limitacións.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso atópanse libres de Covid, pola súa banda Palas de Rei ten algún contaxio. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.

97 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE