Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Palas de Rei, Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 16 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con seis concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Palas de Rei, Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Pola súa parte Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Agolada e Silleda. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 13 casos activos, dous máis que onte.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concello libre de casos, é o caso de Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concello libre de casos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Comments