Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 15 de xuño
- IsmaelRS
- 15 jun 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 16 jun 2022
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 15 XUÑO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 19 afectados, un máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 11 afectados, un máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 10 afectados.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 10 afectados. Lalín conta con 33 afectados, un máis que fai 24 horas. Silleda conta con 24 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 16 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 24 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Pola súa parte Antas de Ulla conta con 11 afectados.

Comments