Ascende de 9 a 11 os municipios que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días
Laura Moure
MÉRCORES 14 ABRIL
Fonte: Ecos da Comarca.
Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Soben de 9 a 11 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Touro e O Pino e hoxe súmase Melide e Toques. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que segue con 10 casos activos.
Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete días mentres que Arzúa e Boimorto están nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que desde este luns está no alto.
Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín mantense con 10 casos activos. Mentres, Vila de Cruces e Silleda están nun rango entre 1 e 9 afectados. Concretamente, segundo os últimos datos, Cruces ten seis activos e Silleda, un. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.
Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días e hoxe súmase a esta listaxe Toques e Melide. Sen embargo, hai que recalcar que estes últimos municipios seguen tendo algún contaxio e sitúanse nun rango de 1 a 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei volve situarse entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.
Limitacións por municipios
Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este luns entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:
No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.
No nivel alto están Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.
No nivel medio: os concellos de Rábade, Ribadumia, Soutomaior, Vilaboa, Vilanova, As Neves, Noia, Sanxenxo, Meis, Baiona, Gondomar, Carballiño, Cortegada e Padrenda. O peche dos locais hostaleiros é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.
E por último, no nivel baixo figuran o resto dos municipios galegos. O horario de restaurantes, bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.
Ademais, a Consellería de Sanidade permite desde o pasado sábado as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.
Novos cambios esta mesma semana
O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia acordou onte, martes, manter p nivel máximo de restricións para os municipios de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove.
Ademais, a asamblea de expertos determinou o establecemento do nivel alto de limitacións en dez concellos: Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa.
Así mesmo, quedarán no nivel medio os municipios de O Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño.
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restrincións fixadas no nivel medio baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do venres, 16 de abril.
Fonte: Ecos da Comarca.
Comments