Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 13 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 13 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 23 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 21 casos activos, catro máis que onte. O Pino sitúase con 16 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 13 casos activos, un máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 38 afectados, tres menos que onte. Silleda conta con 23 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 11 casos activos, tres menos que onte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 25 casos activos, os mesmos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 29 casos, dous máis que fai 24 horas. Palas de Rei conta con 15 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


557 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE