Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Rodeiro
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 12 OUTUBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Rodeiro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Dozón e Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca Terra de Melide, todos os concellos contan con casos activos. Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
コメント