Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 11 de maio

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 11 MAIO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 24 casos activos, un máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos. O Pino sitúase con 12 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Touro conta con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 48 afectados, seis menos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 17 casos activos, un menos que onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide sitúase con 32 casos activos, cinco menos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 14 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 14 casos activos, tres menos que onte. Monterroso sitúase entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Palas de Rei conta con 15 casos activos, tres menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

349 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE