top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 10 de marzo

Toques volve rexistrar algún caso, mentres que Melide súmase hoxe á listaxe dos sete concellos que non contabilizan ningún novo segunda incidencia dos sete últimos días


Laura Moure

MÉRCORES 10 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 10 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete os municipios que non rexistran novos casos. Como en día anteriores nesta listaxe figuran Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Antas de Ulla e Palas de Rei. E súmase hoxe Melide, mentres que Toques, a diferencia de onte e de días pasados, xa ten algún novo afectado. Os demais municipios, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín pasa de 15 a 16 activos e o Concello de Silleda ten dez, xa que de momento non transcendeu o número de hoxe mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.

Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes segue cun rango de entre 1 e 9 afectados e a esta escala súmase hoxe Toques despois de levar días sen ter novos afectados. Mentres en Santiso continúa sen rexistrarse ningún novo caso e hoxe tampouco hai ningún novo en Melide. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa en Antas de Ulla e Palas de Rei non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Sen embargo, Monterroso sitúase desde hai unhas xornadas nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page