Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 1 de xuño

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 1 XUÑO

Comezamos o mes informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 1 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 15 afectados, tres máis que fai 24 horas. O Pino conta con 10 casos activos. Pola súa parte Touro sitúase con 11 afectados, un máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días. Lalín conta con 17 afectados, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 14 afectados, dous máis que onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Pola súa parte Melide sitúase con 12 casos activos, un máis que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

251 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE