Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Sobrado dos Monxes, Touro e Toques
IsmaelRS/Xeral
MÉRCORES 07 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 07 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Sobrado dos Monxes, Touro e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos só con un único concello libre de afectados, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca dezá, todos os concellos teñen afectados. Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos teñen casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Comments