top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 06 de xullo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 06 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 06 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 27 afectados, tres menos que fai 24 horas. O Pino sitúase con 15 afectados, seis menos que onte. Pola súa parte Touro conta con 10 afectados, cuatro menos que fai 24 horas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 18 afectados, dous menos que onte. Lalín conta con 58 afectados, un máis que onte. Silleda conta con 29 afectados, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 25 afectados, un máis que onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Melide conta con 29 afectados, un máis que fai 24 horas. Santiso conta con 13 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 afectados, tres máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Monterroso conta con 20 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 19 afectados, tres menos que fai 24 horas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page