top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 03 de agosto

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso e Toques


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 03 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 03 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso e Toques.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Agolada, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín conta con 14 afectados, un máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Toques. Pola súa parte Melide, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Monterroso. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page