top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores, 02 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

MÉRCORES 02 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 02 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 60 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos, seis menos que fai 24 horas. O Pino ten 23 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 14 casos activos, seis menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 150 afectados, nove menos que na xornada de onte. Silleda conta con 62 casos activos, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 45 casos activos, sete menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 88 casos activos, oito menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúase dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase con 16 afectados, os mesmos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos, e Palas de Rei con 16 casos activos, un menos que na xornada de onte.


Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page