top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste mércores

Laura Moure

MÉRCORES 3 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Hoxe temos mellores novas porque hai unha baixada de casos de Covid en varios dos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, mércores 3, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento.


Na comarca arzuana, Boimorto segue cunha taxa entre 1 e 9 afectados e no resto de concellos os casos descenderon lixeiramente. Arzúa pasou de 54 a 53, O Pino de 44 a 42 e Touro de 17 a 16.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro seguen cunha taxa de entre 1 e 9. No caso de Camba son seis, un máis que hai 24 horas. En Lalín ascenderon os afectados en dous e rexistra 83 e no resto de concellos houbo un descenso. Agolada ten 34, un menos; Silleda 109, tres menos e Vila de Cruces 64, catro menos ca onte. O goberno de Agolada, liderado por Luís Calvo, anunciou hoxe un cribado neste municipio para tratar de frear os casos de coronavirus. "Tras as conversas mantidas entre o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, e o alcalde con Cristina Fernández, xefa de servizo de Medicina Preventiva, e Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, acordouse esta decisión", indican desde o Concello. Este cribado tamén fora solicitado polo grupo da oposición. Terá lugar este sábado, 6 de febreiro, no centro de saúde agoladés. Faráselle a 900 veciños de entre 16 e 70 anos que serán citados por mensaxe.


Na comarca Terra de Melide, a localidade melidense pasa de 70 a 73 casos e un día máis Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcenderon as cifras concretas.


Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, tamén continúa entre 1 e 9 casos e en Monterroso, subiu en 1, e ten 16 e Palas de Rei os casos baixaron en sete tendo así 61.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page