top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 8 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Dos 17 concellos, oito seguen sen contabilizar novos casos


Laura Moure

LUNS 8 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Empezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 8 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe practicamente son as mesmas cifras que fai 24 horas, agás en Monterroso que deixa de ter cero casos a estar entre 1 e 9. Mentres que O Pino, Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla e Palas de Rei seguen sen rexistrar novos afectados e os demais municipios, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas, Arzúa segue hoxe tamén cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, o igual que Boimorto e Touro que en xornadas anteriores tiñan cero casos. Mentres que O Pino leva días sen contabilizar novos afectados. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín mantense con 15 activos e Silleda segue con 14, xa que non trascendeu a cifra exacta de hoxe de estes dous municipios mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.

Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen un día máis cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques continúa sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa en Antas de Ulla e Palas de Rei non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Sen embargo, o Sergas informa que Monterroso se sitúa hoxe nunha taxa de entre 1 e 9 cando levaba días que non tiña ningún novo caso. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page