top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 7 de febreiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 7 FEBREIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 7 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 95 casos activos, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 32 casos activos, dous menos que fai 24 horas. O Pino ten 125 casos, seis menos que onte. Pola súa parte Touro ten 51 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 18 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 16 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 395 afectados, catro máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 23 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Silleda conta con 223 casos activos, tres máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 85 casos activos, catro menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 120 casos activos, dez menos que na xornada de onte. Santiso ten 12 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 31 afectados, dous máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende hoxe.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 36 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 82 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 53 casos activos, un menos que na xornada de onte.


 
 

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page