top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 4 de abril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 4 ABRIL

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 4 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto e Touro sitúanse dende hoxe nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte O Pino ten 14 casos, un menos que fai 48 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 25 afectados, seis menos que antonte. Silleda conta con 28 casos activos, catro menos que fai 48 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 39 casos activos, os mesmos que antonte.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 23 casos activos, un máis que antonte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 14 casos, catro menos que fai 48 horas. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page