Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 4 de outubro

Actualizado: oct 5

Contamos con doce municipios libres de covid: Arzúa, Dozón, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro, Toques e Vila de Cruces, dende antonte súmanse a esta lista os municipios de Lalín, Melide, Monterroso e Vila de Cruces. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo


IsmaelRS/Xeral

LUNS 4 OUTUBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 4 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con doce municipios libres de covid: Arzúa, Dozón, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Touro, Toques e Vila de Cruces. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, tres dos municipio están libres de covid: Arzúa, O Pino e Touro. Pola súa parte Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos.


Na comarca dezana contamos con catro municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón, Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada segue cun caso activo tal como informou o concello antonte pola mañá, pola súa parte Silleda está nunha escala entre 1-9 afectados dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide hai tres municipios libres de casos: Melide, Santiso e Toques. Pola súa parte Sobrado dos Monxes está nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Monterroso e Palas de Rei. Pola súa parte Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios de Foz e O Barco de Valdeorras.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

149 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE