top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 29 de marzo

Arzúa, Agolada, Dozón, Rodeiro, Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos contaxios


Laura Moure

LUNS 29 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Arrancamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 29 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Os datos son moi esperanzadores porque seguen sendo 11 os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei e hoxe súmase a esta listaxe Arzúa, mentres que O Pino volve ter algún contaxio. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda, que supera a decena, pero houbo unha baixa considerable con respecto a xornadas anteriores.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados e hoxe tamén volve ter algún afectado O Pino. Pola contra, Arzúa non rexistra ningún contaxio nos últimos sete días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín mantense con nove casos activos. Mentres, Silleda segundo a incidencia acumulada das últimas sete xornadas non contabiliza novos contaxios, pero seguen sendo 13 os activos debido ao gromo na residencia, pero as cifras tenden a baixa con respecto a días pasados. Por último, Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide, os catro municipios Santiso, Toques, Melide e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.


Por último, na comarca da Ulloa Palas de Rei, Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Novos cambios

O comité clínico volveuse reunir este venres e propuxo novos cambios que entraron hoxe, luns, en vigor. Mantense o nivel máximo de restricións no concello de Beade. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.

Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en dez concellos galegos, concretamente en Maside, Vilardevós, Cortegada, Abegondo, Ortigueira, O Saviñao, Baiona, Sanxenxo, Pazos de Borbén e Padrenda. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.


Quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Camariñas, Cangas, O Carballiño, Carral, Celanova, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Laxe, Neda, Pantón, Ribadavia, Sober e Xinzo de Limia. O peche dos locais hostaleiros é ás nove da noitee permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%.


No resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. O horario de restaurantes, bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.


A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes, é dicir, non se pode entrar e saír de Beade.

Fonte: Ecos da Comarca


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page