Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
LUNS 29 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con oito concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con afectados. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Pola súa parte Agolada, Lalín e Silleda sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Comments