Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 28 FEBREIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 53 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, seis menos que fai 24 horas. O Pino ten 26 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 22 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 161 afectados, 16 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 67 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 59 casos activos, tres menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 99 casos activos, cinco menos que na xornada de onte. Santiso ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 18 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 11 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 10 casos, un menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 16 casos activos, dous menos que na xornada de onte.

Comments