top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 27 de decembro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 27 DECEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 27 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 24 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 15 casos, dous máis que onte. Pola súa parte Touro ten 12 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Pincha no enlace para obter máis información.

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten nove positivos, tres máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 40 casos activos, un máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 18 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 135 afectados, sete máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 34 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 31 casos activos, dous máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 13 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 19 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 17 casos activos, un menos que na xornada de onte.


ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS:

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page