Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 26 de abril

Son 10 os municipos que non teñen ningún afectado de coronavirus mentres que os demais rexistran entre 1 e 9 casos e só Lalín supera a decena de afectados un día mais.


IsmaelRS/Xeral

LUNS 26 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca

Comenzamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 26 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 10 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Touro e O Pino. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que supera a decena.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran casos mentres que Arzúa e Boimorto están nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días, sen embargo, cabe recalcar que nos últimos sete días non hai novos afectados en Boimorto. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado dende hai semanas, mentres en Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días soben a 21. E tal e como informa o alcalde, José Crespo, son 26 casos activos, catro máis ca onte. Mentres, Vila de Cruces e Silleda continúan nun rango entre 1 e 9 afectados, concretamente teñen tres e cinco casos activos, respectivamente. Pero cabe recalcar que segundo os datos proporcionados hoxe polo Sergas, Cruces non rexistrou novos casos nos últimos sete días. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques pasan a estar sen ningún caso, mentres que Melide pasa hoxe a situarse nun rango entre 1 e 9 afectados. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei segue tendo entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca. *

*Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e entraron en vigor, onte, venres, algunhas modificacións. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo pasan a estar Carballeda de Valdeorras, Cualedro, A Pobra do Caramiñal, O Grove e Vilanova de Arousa. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Lobeira, Muiños, Petín, O Barco de Valdeorras, Meira, Ribeira, Cambre, Marín, Meis, Meaño, Ribadumia e Ponteareas. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas para os bares e ás 23 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Cartelle, Lobios, Cortegada, Padrenda, Verín, Chantada, Boiro, Rianxo, Carnota, Carral, Catoira, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Poio, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Vigo, Barreiros e Trabada. O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 23:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.


Así mesmo, hai establecidas as seguintes normas:

  • O toque de queda agora é ás 23:00 horas.

  • Os bares e cafeterías manterán o horario de apertura ata as 21:00 horas e os restaurantes poden abrir ata as 23:00 horas (terá que ser con reserva previa, deberán manter rexistro de clientes e contar con medidores de CO2 do aire).

  • Nas residencias da terceira idade: Sen límites de visitas, polo que poderán visitarlos calquera familiar, pero sempre con cita previa. E os maiores poden saír á rúa tres veces por semana cunha duración de catro horas cada vez.

  • Galicia segue pechada perimetralmente.



225 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE