Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón,Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces. Dende onte baixa desta lista o municipio de Toques e pola contra súmase o municipio de Vila de Cruces
IsmaelRS/Xeral
LUNS 25 OUTUBRO
Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de outubro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con quince municipios libres de covid: Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Lalín, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces.
COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio están libres de covid: Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.
COMARCA LIBRE DE COVID / Na comarca dezá todos os municipios están libres de casos Covid, é o caso de Agolada, Dozón, Lalín, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces, este último súmase hoxe a esta lista.
Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola contra os municipios de Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, este último súmase dende onte a esta lista.
COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.
Comments