top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 25 de Abril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 25 ABRIL

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 23 casos activos, dous máis que fai 48 horas. Boimorto sitúase con 15 casos activos, tres menos que antonte. O Pino sitúase con 16 casos activos, os mesmos que fai 48 horas. Pola súa parte Touro conta con 13 casos activos, un máis que antonte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Agolada sitúase con 10 casos, un máis que antonte. Lalín conta con 53 afectados, dous menos que fai 48 horas. Silleda conta con 24 casos activos, tres menos que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 13 casos activos, os mesmos que fai 48 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 49 casos activos, catro máis que antonte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 13 casos activos, dous máis que antonte. Monterroso sitúase con 10 casos activos, un máis que fai 48 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 13 casos activos, un menos que antonte.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page